Finalistas dos premios da edición galega 2014


Os Premios da Edición naceron para poñer en valor o traballo do sector editorial galego ao longo dun ano. O que os diferencia do resto dos que se convocan no ámbito do libro é que premian a escolla da editorial, recoñecendo esa outra parte de autoría que aportan os editores cando elixen os libros que van editar. O sistema de votación consiste nunha primeira proposta de candidaturas, tres por editorial e categoría, realizada polas empresas que o desexen, e unha segunda na que os editores votan a dúas candidaturas de cada categoría, agás as propias.         
O mércores 28 de xaneiro finalizou a fase de votacións e os libros, autores e proxectos finalistas  pasarán agora a un xurado composto por un libreiro, unha bibliotecaria, un xornalista, un escritor e un editor, este último sen vinculación coas as empresas editoriais asociadas.   
Xúntase a relación dos finalistas  das nove categorías.    

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2014
ICARO, de Federico Delicado, Kalandraka Editora. 
A viaxe de Gagarin, de Agústíon F. Paz. Edicións.  Xerais.
Salseiros, de Suso Lista. Edicións Embora.
Sonámbulos, de Suso de Toro.  Edicións Xerais.
Dende o conflito, de María Reimóndez. Edicións Xerais.



Comentarios